Historia

Esta aplicación móbil desenvolveuse entre os anos 2016 e 2018 no marco do proxecto TagItSmart do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea.

Probas e campañas previas

Os días 13 e 14 de Abril de 2018, no centro de innovación The Circular Lab (Logroño), fíxose unha proba interna con 50 clientes Carrefour que probaron a aplicación e nos axudaron a coñecer de primeira man o que opinaban usuarios que non estiveran involucrados no proceso de creación.

Campaña piloto

Durante os meses de xullo a novembro de 2018, máis de 1.000 clientes Carrefour participaron na campaña lanzada en contorno real e axudáronnos a entender o uso que se lle daba á aplicación a grande escala. Déronnos unha retroalimentación moi valiosa e enriquecedora, que nos axudou a mellorar e seguir adiante.